Zahra Goldclaw

Santi

Feiticeira / Barda de nivel 3 en Faerûn (D&D)
Rango Bronce

Ver página de D&D Beyond

Hoja de personaje

Zahra Goldclaw creceu nas frías e sombrías calellas de Luskan baixo a ollada atenta de súa nai humana, quen dende temperá idade intentou convencela de que polas súas veas corría sangue divina. Durante anos, Zahra tomou a afirmación de que seu pai era un ánxel como unha simple fantasía materna, unha forma de adornar unha vida dura no xélido norte. A indiferenza rematou durante a súa adolescencia, cando un ser celestial se lle presentou en soños revelándose como un servente de Sharess, a deusa do pracer e dos gatos. Ao espertar, non só comprendeu a verdade da súa herdanza aasimar, senón que buscou de inmediato a un tatuador local para plasmar na súa pel os intrincados patróns dourados que seu pai lucía na visión. Zahra creu que o tatuador estaba debuxando sobre a súa pel, pero na realidade só estaba 'revelando' o que sempre estivo alí. A tinta terreal actuou como un reactivo: as imperfeccións do debuxo desapareceron a medida que a súa maxia celestial reorganizou os pigmentos, fixando os patróns exactos que Sharess gravara na súa liñaxe dende o nacemento.
Nesa mesma época, Zahra adoptou a dous felinos aos que bautizou como Zandilar e Bast, honrando os nomes arcanos e históricos de Sharess. Co tempo descubriu que, se ben actuaban como animais completamente ordinarios, posuían unha lonxevidade sobrenatural que os mantuña inmunes ao paso dos anos.
Decidida a render culto á súa deusa da forma máis pura e pracenteira posible, Zahra deixou Luskan e viaxou cara ao sur ata chegar á impoñente Porta de Baldur. Alí atopou o seu fogar na Caricia de Sharess, o célebre establecemento onde traballou durante varios anos. Nese contorno de confort e sensualidade perfeccionou a súa arte como barda, aprendendo a canalizar unha maxia cativadora a través dunha pequena arpa de man, aínda que sempre preferindo a arte da voz e do canto para feitizar a súa audiencia.
Durante os seus anos no establecemento, Zahra escoitou incontables relatos de labios de clientes pertencentes ao mundo da aventura. Aquelas historias de fazañas, riscos e gloria acenderon no seu interior a faísca do desafío e a necesidade de probar a súa propia valía máis aló dos muros do local. Cando comunicou a súa decisión de marchar aos camiños, a madame do lugar otorgoulle a súa bendición, facéndolle prometer entre risas que volvería a visitalos de cando en vez. Así comezou a súa nova etapa como aventureira, levando consigo a Zandilar e a Bast seguros na súa mochila cada vez que a viaxe prometía ser perigosa, deixando aos seus compañeiros felinos a salvo na pousada máis próxima antes de adentrarse en calquera mazmorra ou territorio hostil.
Ante os perigos imprevistos e as situacións violentas, a personalidade de Zahra combina a resiliencia nativa de Luskan coa graza pulida de Porta de Baldur. prefire evitar a forza bruta sempre que é posible, botando man do seu enxeño, do seu meigallo persoal e das súas habilidades bárdicas para desarmar tensións ou resolver conflitos diplomaticamente. Zahra entende o heroísmo non só como a busca de renome, senón como unha extensión da súa fe en Sharess: unha forma de protexer a alegría, a liberdade e o pracer nun mundo que a miúdo se amosa escuro e despiedado.